Como xa é tradición, en Casa Grande de Xandeda convertimos un dos nosos campos de millo nun ecolabirinto pero... non é un calquera! Este ano quedounos de medo porque creamos un ecolabirinto terroríficamente natural! Mira o vídeo e descubre cal é a forma oculta que esconde.
GUARDIÁNS DO MILLO
Este ano o noso ecolabirinto é
unha homenaxe aos morcegos, uns animaliños que son moOoi importantes para a agricultura eco (aínda que poucos o saben). O seu papel é esencial no control de pragas nos cultivos,
e o verme do millo é un dos seus alimentos favoritos!
Tamén axuda a r
egular as poboacións de insectos manténdoos lonxe de cultivos de forma totalmente natural. É por iso que son tan importantes para a agricultura eco, grazas e eles non necesitamos usar pesticidas, nin herbicidas dañinos.
POLINIZADORES NA QUENDA DE NOITE
Ademais de axudarnos no control de pragas, pola noite os morcegos relevan as nosas amigas as abellas. E que os morcegos son tamén
animais polinizadores sen os cales moitas especies de prantas non terían como reproducirse. Son
animales clave para a biodiversidade xa que son capaces de expandir o polen a distancias moOooi longas mediante o voo.
DESEÑADO CON AGRICULTURA DE PRECISIÓN
Este labirinto, fíxose con un diseño desenrolado e adaptado ao noso terreo e posteriormente sementado no prado con
agricultura de precisión. Pero... que é iso? Pois basicamente consiste nun programa que lle di ao tractor onde ten que plantar e onde non (o que ven sendo un Smart Tractor). Grazas aos nosos compis de
Agricultura Noroeste e Agroforestal Xanceda por facer posible o noso ecolabirinto un ano máis!
Podes ver aquí como se fixo o ecolabirinto do ano pasado usando tamén agricultura de precisión.
QUERES VISITALO?
Aínda que as visitas para o mes de setembro están completas, temos boas novas: podes conseguir entradas para acceder a UNHA AVENTURA ESPECIAL ACCESO ECOLABIRINTO
aquí: