Estamos de EcoAniversario!


Estamos de EcoAniversario!
04 marzo 2024

Facemos 20 años certificados en ecolóxico e... seguimos!

Somos a granxa máis antiga de Galicia nesta modalidade e todo grazas a 300 vacas felices

Voltar

Este 2024 é un ano moOoi especial, facemos 20 anos certificados en ecolóxico, case nada!

Casa Grande de Xanceda, desde 1968

En 1968 Felipe e Victoria Armesto fundaron a granxa. fixérono con 20 vacas que trouxeron desde Canadá y 30 hectáreas de terreo. Ao principio era unha granxa ecolóxica ao uso aínda que sempre tiveron claro que as vacas tiñan que estar pacendo e que non querían usar pesticidas.

Ademais, en vez de invertir en formigón, invertiron en terra e, conforme criaban máis vacas, ampliaban a súa base territorial. 

Grazas a estas dúas cousas, as vacas acostumadas ao pastoreo e as hectáreas de prados, puidemos certificarnos en ecolóxico no 2004. 

Veñan 20 anos máis!

En 2005 os primeiros iogures eco saíron da nosa fábrica e, desde aquela, mudamos moOoito! Pero sempre mantendo a filosofía de que hai un xeito mellor e máis responsable de producir no rural. Co paso dos anos afianzamos os nosos tres compromisos fundamentais: o compromiso co rural, o compromiso coa natureza e o compromiso cos animais. Estas tres patas son xa parte da nosa esencia. 

En 2022 a nosa forma de traballar viuse recompensada coas Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro. Que é isto? Pois o Espazo Natural Protexido que temos na granxa! A administración galega recoñece e protexe, desta maneira, os seus singulares valores de biodiversidade. Ademais, o informe técnico recalca que, sen o traballo en pastoreo das vacas, boa parte deste ecosistema tan rico desaparecería. Así que: grazas, vacas! 


E desde aqueles primeiros iogures fomos ampliando a nosa gama: iogur, kéfir, kombucha, mermeladas, queixos, bebibles... se é que 20 anos dan para innovar moitísimo!

Grazas por apoiarnos!

Estes 20 anos tamén foron grazas a ti que apoias o noso proxecto. A ti, que sabes que en cada un dos nosos vasiños de iogur hai 300 vacas felices, 29 aventureiros, un espazo natural protexido e unha aposta decidida por un rural galego vivo, dinámico e innovador. 

A por outros 20 anos de aventuras compartidas!

OSZAR »