Os Junior son fonte de calcio
O calcio é un mineral moOoi importante para uns ósos e dentes suUuper fortes.
Os Junior conteñen millóns de bacterias vivas
Ademais dos súper fermentos do iogur (Lactobacillus e Streptococcus) agora os Junior tamén levan os suUuper fermentos LGG®. Grazas a todos estes fermentos prodúcese a maxia e o leite convértese en leite fermentado con millóns de bacterias vivas!
Ao tomar Juniors, estas bacterias pasan ao corpo, enriquecendo e coidando a súa microbiota e facendo que te sintas moOoi ben!
Son probióticos
Son fermentos que demostraron aportar beneficios específicos para a boa conservación da flora intestinal, e por tanto, para a saúde. Mellorar a dixestión, fortalecer o sistema inmunolóxico e previr a depresión ou a ansiedade son só algúns dos beneficios asociados aos probióticos. O suUuper fermento LGG® é probiótico e é o máis estudado para os peques!
MoOoi cremosos
O segredo da cremosidade dos nosos Junior é que usamos só leite fresco (nada de leite en po ou nata), ultrafiltrámola e así reducimos a auga e o leite. Precisamos case dous litros de leite para elaborar un kilo de iogur! Con este leite elaboramos os Junior, un leite que é ecolóxico que ten toda a súa proteína, calcio e vitaminas pero sen tanta auga! O resultado? Unha cremosidade alucinante!
360 días de pastoreo
Elaboramos os nosos Junior co leite das nosas vacas que saen pacer 360 días ao ano, , os outros cinco reservámolos para nevaradas, temporais... días nos que quedan quentiñas nas enoOormes camas de palla. Garantimos así leite de pastoreo toOoodo o ano e tamén a felicidade e benestar das nosas raíñas, as vacas.

Que é o LGG®?

LGG® é un suUuper fermento probiótico,
o máis estudado para os peques!

Cómo funciona?

Ao tomar un Junior con suUuper fermentos LGG® os fermentos chegan ao intestino. Axuda a fortalecer a flora intestinal, polo que contribúe a unha mellor conservación do sistema inmune.

Que beneficios ten?

Os numerosos estudos científicos realizados con LGG® sinalan que este suUuper fermento pode:


Impactar favorablemente sobre as defensas do corpo e a resposta inmune

Impactar favorablemente sobre as defensas do corpo e a resposta inmune

Reducir o risco e a duración das molestias do tracto respiratorio

LGG® e o logo LGGTM son unha marca comercial de Chr. Hansen S.A.
OSZAR »